13/5/12

Ani conversa co alumnado de Chans



Nos vindeiros días, Ani vai conversar cos nenos e nenas do colexio de Chans. De seguro que lle teñen moitas preguntas interesantes que facerlle.

6/5/12

UN CHUPI PREMIO: LIEBSTER BLOG

A miña amiga Ana, "blogueira de profesión" vén de outorgarme o premio de ser un dos seus blogs favoritos!!!!!!




Ana, para min é unha gran honra que me deas este premio, porque admiro o teu nivel, a túa dedicación e a túa ilusión á hora de traballar coas TICs!!!!

Aprendín moito de ti e agardo que aínda me poidas ensinar moitas cousas máis.

Seguiremos traballando por unha escola pública de calidade!!!!!!

A túa amiga sempre!!!!

O premio ten unhas instrucións que as persoas blogueiras premiadas deben realizar:

  • Copiar y pegar el premio en el blog enlazándolo con el blogger que se lo ha otorgado.
  • Premiar a sus cinco blogs favoritos con la condición de que tengan menos de doscientos seguidores y dejarles un comentario en sus entradas para notificarles que han ganado el premio.
  • Confiar en que continúen la cadena premiando a su vez a sus cinco blogs preferidos.

Os meus 5 blogs favoritos son:
 
 
Parabéns a todas polo voso traballo!!!!!

  

17/12/11

Volve Ani!!!!



Ani volve ver cumplido o seu soño de viaxar e coñecer novos lugares. Axiña ides ter novas deste libro aventureiro.

19/10/11

kuentalibros

Kuentalibros é un espazo dirixido a recomendar lecturas a través da rede no que o boca a boca será fundamental, por iso buscan ver moitas bocas parlantes.


21/8/10

Representación en Leirado

O alumnado de 6º de EP do CEIP de Leirado representaron a final de curso Soños de andel para os máis pequerrechos do cole.

Agardo que se divertisen moito!!!!

26/7/10

26 de xullo, día dos avós

Foto de Margherita Vitagliano

O 26 de xullo é o día dos avos.


Os avós son esas persoas ás que tanto se lles debe, e que ás veces, tan pouco reciben a cambio.

Do avó Benigno non me lembro, el xa morrera cando eu nacín. Din que era un home moi alto e moi guapo, e por iso traía toliñas a todas as mulleres da vila.

Da avoa Laura teño uns recordos moi confusos. Lembro unha cama nun recuncho dun cuarto. Un cuarto con porta a un pequeno balcón.

Na cama, un corpo cuberto de negro. Un negro loito.
Ningunha nai e ningún pai deberían ter que padecer o amargo sufrimento que é sobrevivir a unha parte de ti, a algo que foi teu, que estivo no teu interior e que agora xa non existe, xa non está.

Non lembro máis dela, pero dos seus nove fillos que si sobreviron á morte da súa nai, puiden escoitar historias da valentía que supoña ser unha nai na Galicia da guerra e da posterior ditadura.

Un día comecei a escribir un libro, un libro que falaba da avoa Laura. Un libro que nunca rematei. Un libro que comeza así:

A avoa Laura naceu e morreu pobre. Eu a penas a coñecín porque faleceu cando eu tiña pouco menos ca tres anos. Daquela, vivían na casa os meus pais, a miña irmá, que me leva seis anos, o padriño e a avoa Laura.

Case que non teño recordos dela, os máis, os que me foron contando aos longos dos anos, pero recordos de meu, teño ben poucos. O que si lembro é a unha señora maior, vestida de loito e deitada nunha cama, como agardando a que a morte viñese por ela xa dunha vez. A avoa Laura nunca volvera ser a mesma dende que lle morrera o seu fillo, cando eu tiña máis ou menos, un ano e medio.

A xente di que non se debe de ter un fillo só, porque se che morre quedas sen ningún e a pena é máis grande, pero a eses a avoa Laura diríalles que ningún fillo que tiveses ocuparía o lugar que deixou o que se foi de súpeto, case sen avisar. É por iso que os dez fillos, daquela xa só nove, que tiña a avoa Laura non foron suficiente para acabar coa dor que a prematura morte de Silverio, con pouco máis de vinte anos e cun mes de casado deixou no corazón da viuva, dos irmáns e, como non, da coitada da nai, que rematou morrendo de pena e coa esperanza de poderse atopar co seu penúltimo fillo alá onde Deus a levase.

A avoa Laura naceu no ano 1912, filla dunha republicana, a visaboa Feli, pasou toda a súa vida parindo e coidando fillos. Non tivo oficio coñecido máis que o de coidar dos seus, que coa cantidade que eran, dabondo lle chegaba.

Da avoa Virginia e do avó Adolfo xa teño máis recordos de meu. Son reais, non mos tiven que construír cos retazos das verbas dos demais.

O avó Adolfo era serio, poucas veces o escoitei rir. A avoa Virgnia parecía moi fráxil, pero en realidade era moi forte.

Mais eu, xa non teño avós.

15/5/10

ANI NO CEIP DE MACEDA

Veño engaiolada co alumnado do CEIP de Maceda e co seu profesorado.

Ía disposta a sorprendelos coa miña presentación, pero pola contra, a sorprendida fun eu. Tiñánme preparadas moitas sorpresas.

Foi unha mañá moi intensa e emocionante na que puiden conversar cos nenos e nenas, respostar ás súas preguntas e descubrir os traballos que eles fixeran para min.

Pola tarde a sesión cos de Infantil non foi menos proveitosa. Coñecían moi ben a Ani e os seus soños. Souberon respostar perfecatamente a cada unha das preguntas que lles fixen e seguiron con moita atención todo o que eu lles contaba.

Quero darlles as grazas a todos os nenos e nenas, ao profesorado, ás nais que tamén colaboraron e como non, a algún marido que tamén tivo que demostar a súa maña.

Agardo que poidamos volver estar xuntos noutro momento.


Aquí vos deixo algún exemplo do que fixeron:





6/5/10

ANI VOLVEU AO BOUZA BREY

Ani estivo de novo no CEIP Fermin Bouza Brey, pero desta volta fumos acompañados por María Lires, a ilustradora que lle deu vida ao libro de Soños de andel cos seus fermosísimos debuxos.

María ensinounos como imaxinou a Ani para poder debuxalo e como os demais libros foron tomando forma a partir dos seus chapeus.

Tamen houbo quen descubriu a quen se parecia a mamá de Mar!!!!!!

Unha vez máis, Bea teño que darche as grazas por todo o que fas polo meu Soños de andel. Ogallá todo o mundo gozase tanto co que fai como o fas ti.

Moitas grazas María por ese traballo tan marabilloso que fixeches!!!






Os nenos e nenas estiveron debuxando con María Lires, pero algúns xa traian os deberes feitos e agasalláronnos cos seus debuxos, que colgarei aquí, pero como adianto quero que vexades esta fermosísima interpretación do libro de cociña.

25/4/10

ENCONTRO NO CEIP DE SIGÜEIRO

E para rematar esta andaina, o día do libro, o 23 de abril, Ani viaxou ata Sigüeiro para poder compartir un momentiño co alumnado de 2º do CEIP de SIGÜEIRO.

Quero agradecerlle ás mestras que me convidasen e como non, a Mencía, agradecerlle tamén que me ensinase os seus amigos e amigas.

Grazas


ENCONTRO NO CEP IGREXA-VALADARES

O día 22 non só me agardaban os alumnos do Mestres Goldar, non, tamén puiden compartir unha experiencia moi fermosa co alumnado de 2º do CEP Igrexa-Valadares.

Moitas grazas ás mestras e a Fátima por convidarme á súa biblioteca!!!!

Encontro CEIP Mestres Goldar

O xoves 22 tiven un encontro no CEIP Mestres Goldar co alumando de 2º, cos que mantivera o meu primeiro encontro dixital.

Estabamos todos moi ilusionados por poder coñecernos en persoa.  

Foron moitas as experiencias que vivimos dende aquel primeiro contacto da mestra o día 4 de febreiro, ata que eles remataron de ler o libro e se fixo o último comentario, o 12 de marzo.

Dende aquí quero darlle as grazas a Julia e a todo as súas alumnas e os seus alumnos por deixarme participar da súa hora de lectura.

Seguide así.





Se queredes ver máis información sobre este encontro, podedes visitar a páxina  O recanto de Mik: http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=83629

21/4/10

Encontro CEIP Mestre Manuel García

Hoxe estiven no CEIP Mestre Manuel García para celebrar a Semana do Libro.

Foi unha experiencia moi fermosa porque primeiro mantiven un encontro co alumnado de 5º. Neste curso teñen un club de lectura. Entre todos comentamos o que lles parecera Soños de andel.

A continuación, fixen unha sesión de animación á lectura para os do 1º ciclo na que tamén me fixeron moitísimas preguntas sobre o libro.

Moitas grazas Sofía.
Moitas grazas a todo o alumnado de 1º, 2º e 5º de Educación Primaria.



6/3/10

Trinta e cinco


Ilustración  do libro "Enséñame a ser feliz" de Àngels Ponce e ilustrado por Miguel Gallardo.
Hoxe é o meu aniversario.
Cumpro 35 anos e, ao igual ca a nena da ilustración,
gústame subir a lugares altos e deixar que me dea o vento na cara.
Fai que me sinta libre.
Sen problemas.
Feliz!!!