30/9/11
15/3/11
21/8/10
Representación en Leirado
O alumnado de 6º de EP do CEIP de Leirado representaron a final de curso Soños de andel para os máis pequerrechos do cole.
Agardo que se divertisen moito!!!!
26/7/10
26 de xullo, día dos avós
Foto de Margherita Vitagliano
O 26 de xullo é o día dos avos.
Os avós son esas persoas ás que tanto se lles debe, e que ás veces, tan pouco reciben a cambio.
Do avó Benigno non me lembro, el xa morrera cando eu nacín. Din que era un home moi alto e moi guapo, e por iso traía toliñas a todas as mulleres da vila.
Da avoa Laura teño uns recordos moi confusos. Lembro unha cama nun recuncho dun cuarto. Un cuarto con porta a un pequeno balcón.
Na cama, un corpo cuberto de negro. Un negro loito.
Ningunha nai e ningún pai deberían ter que padecer o amargo sufrimento que é sobrevivir a unha parte de ti, a algo que foi teu, que estivo no teu interior e que agora xa non existe, xa non está.
Non lembro máis dela, pero dos seus nove fillos que si sobreviron á morte da súa nai, puiden escoitar historias da valentía que supoña ser unha nai na Galicia da guerra e da posterior ditadura.
Un día comecei a escribir un libro, un libro que falaba da avoa Laura. Un libro que nunca rematei. Un libro que comeza así:
A avoa Laura naceu e morreu pobre. Eu a penas a coñecín porque faleceu cando eu tiña pouco menos ca tres anos. Daquela, vivían na casa os meus pais, a miña irmá, que me leva seis anos, o padriño e a avoa Laura.
Case que non teño recordos dela, os máis, os que me foron contando aos longos dos anos, pero recordos de meu, teño ben poucos. O que si lembro é a unha señora maior, vestida de loito e deitada nunha cama, como agardando a que a morte viñese por ela xa dunha vez. A avoa Laura nunca volvera ser a mesma dende que lle morrera o seu fillo, cando eu tiña máis ou menos, un ano e medio.
A xente di que non se debe de ter un fillo só, porque se che morre quedas sen ningún e a pena é máis grande, pero a eses a avoa Laura diríalles que ningún fillo que tiveses ocuparía o lugar que deixou o que se foi de súpeto, case sen avisar. É por iso que os dez fillos, daquela xa só nove, que tiña a avoa Laura non foron suficiente para acabar coa dor que a prematura morte de Silverio, con pouco máis de vinte anos e cun mes de casado deixou no corazón da viuva, dos irmáns e, como non, da coitada da nai, que rematou morrendo de pena e coa esperanza de poderse atopar co seu penúltimo fillo alá onde Deus a levase.
A avoa Laura naceu no ano 1912, filla dunha republicana, a visaboa Feli, pasou toda a súa vida parindo e coidando fillos. Non tivo oficio coñecido máis que o de coidar dos seus, que coa cantidade que eran, dabondo lle chegaba.
Da avoa Virginia e do avó Adolfo xa teño máis recordos de meu. Son reais, non mos tiven que construír cos retazos das verbas dos demais.
O avó Adolfo era serio, poucas veces o escoitei rir. A avoa Virgnia parecía moi fráxil, pero en realidade era moi forte.
Mais eu, xa non teño avós.
15/5/10
ANI NO CEIP DE MACEDA
Veño engaiolada co alumnado do CEIP de Maceda e co seu profesorado.
Ía disposta a sorprendelos coa miña presentación, pero pola contra, a sorprendida fun eu. Tiñánme preparadas moitas sorpresas.
Foi unha mañá moi intensa e emocionante na que puiden conversar cos nenos e nenas, respostar ás súas preguntas e descubrir os traballos que eles fixeran para min.
Pola tarde a sesión cos de Infantil non foi menos proveitosa. Coñecían moi ben a Ani e os seus soños. Souberon respostar perfecatamente a cada unha das preguntas que lles fixen e seguiron con moita atención todo o que eu lles contaba.
Quero darlles as grazas a todos os nenos e nenas, ao profesorado, ás nais que tamén colaboraron e como non, a algún marido que tamén tivo que demostar a súa maña.
Agardo que poidamos volver estar xuntos noutro momento.
Aquí vos deixo algún exemplo do que fixeron:
6/5/10
ANI VOLVEU AO BOUZA BREY
Ani estivo de novo no CEIP Fermin Bouza Brey, pero desta volta fumos acompañados por María Lires, a ilustradora que lle deu vida ao libro de Soños de andel cos seus fermosísimos debuxos.
María ensinounos como imaxinou a Ani para poder debuxalo e como os demais libros foron tomando forma a partir dos seus chapeus.
Tamen houbo quen descubriu a quen se parecia a mamá de Mar!!!!!!
Unha vez máis, Bea teño que darche as grazas por todo o que fas polo meu Soños de andel. Ogallá todo o mundo gozase tanto co que fai como o fas ti.
Moitas grazas María por ese traballo tan marabilloso que fixeches!!!
Os nenos e nenas estiveron debuxando con María Lires, pero algúns xa traian os deberes feitos e agasalláronnos cos seus debuxos, que colgarei aquí, pero como adianto quero que vexades esta fermosísima interpretación do libro de cociña.
25/4/10
ENCONTRO NO CEIP DE SIGÜEIRO
E para rematar esta andaina, o día do libro, o 23 de abril, Ani viaxou ata Sigüeiro para poder compartir un momentiño co alumnado de 2º do CEIP de SIGÜEIRO.
Quero agradecerlle ás mestras que me convidasen e como non, a Mencía, agradecerlle tamén que me ensinase os seus amigos e amigas.
Grazas
Quero agradecerlle ás mestras que me convidasen e como non, a Mencía, agradecerlle tamén que me ensinase os seus amigos e amigas.
Grazas
ENCONTRO NO CEP IGREXA-VALADARES
O día 22 non só me agardaban os alumnos do Mestres Goldar, non, tamén puiden compartir unha experiencia moi fermosa co alumnado de 2º do CEP Igrexa-Valadares.
Moitas grazas ás mestras e a Fátima por convidarme á súa biblioteca!!!!
Moitas grazas ás mestras e a Fátima por convidarme á súa biblioteca!!!!
Encontro CEIP Mestres Goldar
O xoves 22 tiven un encontro no CEIP Mestres Goldar co alumando de 2º, cos que mantivera o meu primeiro encontro dixital.
Estabamos todos moi ilusionados por poder coñecernos en persoa.
Foron moitas as experiencias que vivimos dende aquel primeiro contacto da mestra o día 4 de febreiro, ata que eles remataron de ler o libro e se fixo o último comentario, o 12 de marzo.
Dende aquí quero darlle as grazas a Julia e a todo as súas alumnas e os seus alumnos por deixarme participar da súa hora de lectura.
Seguide así.
Se queredes ver máis información sobre este encontro, podedes visitar a páxina O recanto de Mik: http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=83629
21/4/10
Encontro CEIP Mestre Manuel García
Hoxe estiven no CEIP Mestre Manuel García para celebrar a Semana do Libro.
Foi unha experiencia moi fermosa porque primeiro mantiven un encontro co alumnado de 5º. Neste curso teñen un club de lectura. Entre todos comentamos o que lles parecera Soños de andel.
A continuación, fixen unha sesión de animación á lectura para os do 1º ciclo na que tamén me fixeron moitísimas preguntas sobre o libro.
Moitas grazas Sofía.
Moitas grazas a todo o alumnado de 1º, 2º e 5º de Educación Primaria.
Foi unha experiencia moi fermosa porque primeiro mantiven un encontro co alumnado de 5º. Neste curso teñen un club de lectura. Entre todos comentamos o que lles parecera Soños de andel.
A continuación, fixen unha sesión de animación á lectura para os do 1º ciclo na que tamén me fixeron moitísimas preguntas sobre o libro.
Moitas grazas Sofía.
Moitas grazas a todo o alumnado de 1º, 2º e 5º de Educación Primaria.
8/4/10
22/3/10
6/3/10
Trinta e cinco
Ilustración do libro "Enséñame a ser feliz" de Àngels Ponce e ilustrado por Miguel Gallardo.
Hoxe é o meu aniversario.
Cumpro 35 anos e, ao igual ca a nena da ilustración,
gústame subir a lugares altos e deixar que me dea o vento na cara.
Fai que me sinta libre.
Sen problemas.
Feliz!!!
22/2/10
15/2/10
Os Comelibros
Durante este mes de febreiro, por fin, puidemos poñer en marcha o
Club de lectura Os Comelibros.
Levabamos ben tempo intentado poñer a andar este proxecto, pero, como todo o que se fai agardar, ao final tivo tanta acollida por parte do alumnado de 6º de Educación Primaria e por parte do profesorado que tivemos que montar dúas quendas de lectura.
Os libros que imos ler desta volta son:
- O carteiro de Bagdag, de Marcos Calveiro, publicado por Edicións Tambre.
- Cómo complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere, de Klaus-Peter Wolf.
8/2/10
Ani na aula de 2ºC do CEIP de Sigüeiro
A mestra de 2º C do CEIP de Sigüeiro recibiu estas pasadas festas do Nadal unha sorpresa na casa da súa alumna Mencía; ¡os Reis Magos deixaran para ela o libro de Soños de andel!
Na hora de lectura da súa aula compartiuno co seu alumnado.
Non quixeron perder a oportunidade de agasallarme cos debuxos que xurdiron despois da lectura.
Moitas grazas á mestra e ao alumnado de 2ºC!!!!
Na hora de lectura da súa aula compartiuno co seu alumnado.
Non quixeron perder a oportunidade de agasallarme cos debuxos que xurdiron despois da lectura.
Moitas grazas á mestra e ao alumnado de 2ºC!!!!
4/2/10
1º encontro dixital de "Soños de andel"
Non o dubidei en ningún momento, posto que considero que temos que ir introducindo as novas tecnoloxías na aula, pois nelas temos unha fiestra aberta a un milleiro de posibilidades que antes nin podiamos imaxinar.
E por suposto, para min supón unha experiencia nova de encontro con nenos e nenas que ata o momento só experimentara coas miñas sobriñas.
Moitas grazas Julia, moitas grazas alumnos e alumnas de 2º.
Agardo os vosos comentarios.
27/1/10
Día en memoria das vítimas do holocausto
Hoxe celébrase o 65 aniversario da liberación de Auschwitz.
Nas escolas estamos preparando a semana da Paz, pero non podemos pasar por alto este día no que rendimos memoria ás vítimas do holocausto.
Non nos podemos esquecer deles.
14/1/10
Orellas de bolboreta
Orellas de bolboreta é un fermosísimo libro que podemos aproveitar para traballar nas aulas os complexos que adoitan ter os nosos alumnos e alumnas.Nel, atopámonos con situacións nas que se considera como algo positivo o que normalmente os demais considerarían como negativo.
Escrito por Luisa Aguilar, está publicado na editorial Kalandraka.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






