25/4/10

ENCONTRO NO CEIP DE SIGÜEIRO

E para rematar esta andaina, o día do libro, o 23 de abril, Ani viaxou ata Sigüeiro para poder compartir un momentiño co alumnado de 2º do CEIP de SIGÜEIRO.

Quero agradecerlle ás mestras que me convidasen e como non, a Mencía, agradecerlle tamén que me ensinase os seus amigos e amigas.

Grazas


ENCONTRO NO CEP IGREXA-VALADARES

O día 22 non só me agardaban os alumnos do Mestres Goldar, non, tamén puiden compartir unha experiencia moi fermosa co alumnado de 2º do CEP Igrexa-Valadares.

Moitas grazas ás mestras e a Fátima por convidarme á súa biblioteca!!!!

Encontro CEIP Mestres Goldar

O xoves 22 tiven un encontro no CEIP Mestres Goldar co alumando de 2º, cos que mantivera o meu primeiro encontro dixital.

Estabamos todos moi ilusionados por poder coñecernos en persoa.  

Foron moitas as experiencias que vivimos dende aquel primeiro contacto da mestra o día 4 de febreiro, ata que eles remataron de ler o libro e se fixo o último comentario, o 12 de marzo.

Dende aquí quero darlle as grazas a Julia e a todo as súas alumnas e os seus alumnos por deixarme participar da súa hora de lectura.

Seguide así.





Se queredes ver máis información sobre este encontro, podedes visitar a páxina  O recanto de Mik: http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=83629

21/4/10

Encontro CEIP Mestre Manuel García

Hoxe estiven no CEIP Mestre Manuel García para celebrar a Semana do Libro.

Foi unha experiencia moi fermosa porque primeiro mantiven un encontro co alumnado de 5º. Neste curso teñen un club de lectura. Entre todos comentamos o que lles parecera Soños de andel.

A continuación, fixen unha sesión de animación á lectura para os do 1º ciclo na que tamén me fixeron moitísimas preguntas sobre o libro.

Moitas grazas Sofía.
Moitas grazas a todo o alumnado de 1º, 2º e 5º de Educación Primaria.