15/5/10

ANI NO CEIP DE MACEDA

Veño engaiolada co alumnado do CEIP de Maceda e co seu profesorado.

Ía disposta a sorprendelos coa miña presentación, pero pola contra, a sorprendida fun eu. Tiñánme preparadas moitas sorpresas.

Foi unha mañá moi intensa e emocionante na que puiden conversar cos nenos e nenas, respostar ás súas preguntas e descubrir os traballos que eles fixeran para min.

Pola tarde a sesión cos de Infantil non foi menos proveitosa. Coñecían moi ben a Ani e os seus soños. Souberon respostar perfecatamente a cada unha das preguntas que lles fixen e seguiron con moita atención todo o que eu lles contaba.

Quero darlles as grazas a todos os nenos e nenas, ao profesorado, ás nais que tamén colaboraron e como non, a algún marido que tamén tivo que demostar a súa maña.

Agardo que poidamos volver estar xuntos noutro momento.


Aquí vos deixo algún exemplo do que fixeron:





6/5/10

ANI VOLVEU AO BOUZA BREY

Ani estivo de novo no CEIP Fermin Bouza Brey, pero desta volta fumos acompañados por María Lires, a ilustradora que lle deu vida ao libro de Soños de andel cos seus fermosísimos debuxos.

María ensinounos como imaxinou a Ani para poder debuxalo e como os demais libros foron tomando forma a partir dos seus chapeus.

Tamen houbo quen descubriu a quen se parecia a mamá de Mar!!!!!!

Unha vez máis, Bea teño que darche as grazas por todo o que fas polo meu Soños de andel. Ogallá todo o mundo gozase tanto co que fai como o fas ti.

Moitas grazas María por ese traballo tan marabilloso que fixeches!!!






Os nenos e nenas estiveron debuxando con María Lires, pero algúns xa traian os deberes feitos e agasalláronnos cos seus debuxos, que colgarei aquí, pero como adianto quero que vexades esta fermosísima interpretación do libro de cociña.