15/2/10

Os Comelibros

Durante este mes de febreiro, por fin, puidemos poñer en marcha o
Club de lectura Os Comelibros.

Levabamos ben tempo intentado poñer a andar este proxecto, pero, como todo o que se fai agardar, ao final tivo tanta acollida por parte do alumnado de 6º de Educación Primaria e por parte do profesorado que tivemos que montar dúas quendas de lectura.

Os libros que imos ler desta volta son:
  • O carteiro de Bagdag, de Marcos Calveiro, publicado por Edicións Tambre.
  • Cómo complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere, de Klaus-Peter Wolf. 
Para máis información sobre este club de lectura na páxina  de Viaxa con Popi.

8/2/10

Ani na aula de 2ºC do CEIP de Sigüeiro

A mestra de 2º C do CEIP de Sigüeiro recibiu estas pasadas festas do Nadal unha sorpresa na casa da súa alumna Mencía; ¡os Reis Magos deixaran para ela o libro de Soños de andel!

Na hora de lectura da súa aula compartiuno co seu alumnado.

Non quixeron perder a oportunidade de agasallarme cos debuxos que xurdiron despois da lectura.

Moitas grazas á mestra e ao alumnado de 2ºC!!!!

4/2/10

1º encontro dixital de "Soños de andel"


Dende o CEIP Mestres Goldar de Vigo, da man de Julia, a titora de 2º, propuxéronme esta fermosísima idea de ir mantendo un encontro dixital co seu alumnado a medida que van lendo o libro de Soños de andel.

Non o dubidei en ningún momento, posto que considero que temos que ir introducindo as novas tecnoloxías na aula, pois nelas temos  unha fiestra aberta a un milleiro de posibilidades que antes nin podiamos imaxinar.

E por suposto, para min supón unha experiencia nova de encontro con nenos e nenas que ata o momento só experimentara coas miñas sobriñas.

Moitas grazas Julia, moitas grazas alumnos e alumnas de 2º.

Agardo os vosos comentarios.