4/2/10

1º encontro dixital de "Soños de andel"


Dende o CEIP Mestres Goldar de Vigo, da man de Julia, a titora de 2º, propuxéronme esta fermosísima idea de ir mantendo un encontro dixital co seu alumnado a medida que van lendo o libro de Soños de andel.

Non o dubidei en ningún momento, posto que considero que temos que ir introducindo as novas tecnoloxías na aula, pois nelas temos  unha fiestra aberta a un milleiro de posibilidades que antes nin podiamos imaxinar.

E por suposto, para min supón unha experiencia nova de encontro con nenos e nenas que ata o momento só experimentara coas miñas sobriñas.

Moitas grazas Julia, moitas grazas alumnos e alumnas de 2º.

Agardo os vosos comentarios.

18 comentarios:

Julia dijo...

Moitas grazas a ti por aceptar tan amablemente a nosa proposta. É toda unha experiencia para os nenos e nenas, que están encantados de compartir contigo as súas impresións.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
Julia

RAIOTECA dijo...

Paréceme unha idea estupenda. Tomamos nota.
Unha aperta.

Mestres Goldar dijo...

Ola Susana: xa empezamos a ler o teu libro.
Estamos escribindo unha libreta que lle
chamamos o Diario de lecturas, descubrimos
moitas palabras como a cotio e feiticeira
Susana, ¿podes dicirlle a Maria Lires que nos
gustan moito os seus debuxos?
Pensamos que o soño de Ani e viaxar a casa dos nenos e nenas.
Bicos de toda a clase.

(Hoxe escribiron María e Aixa. Pode que fixeran algo de "trampa" con respecto ao soño de Ani. A profe)

Susana Lamela dijo...

Ola!!!!
Hoxe voulle mandar un correo a María Lires para darlle o voso recado. De seguro que se vai poñer moi contenta de que vos gusten os seus debuxos. A min tamén me encantan.

¿Fixástesvos no rato de biblioteca? Ten a súa propia porta para poder entrar e coller libros.

Así que María e Axia pode que fixeran algo de trampa co soño de Ani. Pois teremos que agardar ao final do libro para ver se realmente acertates ou non.

Deica o vindeiro día.
Bicos para todos e todas

Clase de 2º dijo...

Bos días Susana, gústanos moito a historia de Ani, pero creo que a vida de Ani é moi inxusta porque os nenos e as nenas pensan que é moi gordo
pero nós cremos que se pode leer pouco a pouco ainda que teña 325 follas.
Ani esta moi triste porque non ten un papeliño da biblioteca de Lemoito. Na nosa biblioteca non temos papeliños .
O sombreiro de Ani e moi guai.
grazas por darlle o recado a Maria Lires.
Na nosa biblioteca tamen temos un rato e chamase Mik.
Bicos de toda a clase de 2º

(Escribiron Lucía F, Lucía S e Anxo)

Susana Lamela dijo...

Ola a todos e todas.
Ola a Lucía F, Lucía S e Anxo.
Ola á mestra.

Tedes moita razón, a vida de Ani é moi inxusta, ¿sabedes por que? Porque normalmente as persoas só se fixan no aspecto físico e rexeitan aos demais por estar un pouco gordos, por ter a pel doutra cor, por vestir doutro xeito... e non se dan conta de que ao mellor están a perder a oportunidade de coñecer a un bo amigo ou amiga.

Por iso Ani se enfadaba tanto, porque aínda que tiña moitas follas, el tamén tiña moitas cousas que contar ao igual que os demais libros. E non fai falta mudar de aspecto para atopar

Si, a verdade é que a biblioteca na que vive Ani aínda non deben de ter ordenador (co programa Meiga!!!!) e por iso aínda seguen a empregar as folliñas!!!!

¿Sabedes?, eu coñezo a Mik. Nunca estiven no voso colexio, pero vino no blog que tedes da biblioteca. É un rato que sabe moito e vos propón moitas actividades. Nós na nosa biblioteca temos unha vaca que se chama Popi.

Bicos para todos e todas
Susana Lamela

Clase de segundo dijo...

Bos dias Susana:
Xa vimos a mascota Popi ,e moi divertida nos parece moi graciosa e bonita esta moi ben feita e nos da moita gracia.
Estuvemos falando na clase do que ti dices e tes razon, que non hai que fixarse no aspecto das persoas e hai que ser amigos de todos.
Estanos gustando moito o teu libro e estamos facendo uns dibuxos de Ani moi bonitos.
A bibliotecaria tamen nos parece moi graciosa.
Bicos de toda a clase


(Hoxe escribiron Marcos e Lidia)

Susana Lamela dijo...

Ola clase de 2º.
Ola Marcos e Lidia.
Ola á mestra.

¿Sabedes? Me parece que nos imos ver pronto. Agora entendo o que dicía Rubén de que nos iamos atopar.

Faime moita ilusión poder coñecervos e ver eses fantásticos debuxos que estades a facer de Ani.

Cóntovos un segredo: ¡Haberá unha pequena sorpresa para vós!

Un bico enorme para toda a clase.

María Lires dijo...

Ola, nen@s do Mestres Goldar.
Faloume Susana do voso proxecto e paréceme xenial.
Agardo que disfrutedes tanto con Ani coma o fixemos nos.
Ai! E alégrome de que vos gusten as miñas ilustracións. Foi moi divertido dar forma á vida na biblioteca de Lemoito que vos agora estades a visitar.
Un bico moi grande. María Lires.

Clase de 2º dijo...

Bos dias Susana:
Xa estamos acabando o libro, hoxe limos hasta a paxina 48. Que pena que a nena que colleu a Ani o tivera que deixar outra vez no andel e Ani levou unha desilusión, pobriño. Pero cremos que vai viaxar por fin a casa de unha nena. Fixonos moita gracia o libro-chef frances que dicia mon dieu!Os gorros dos libros son moi graciosos. Ainda que rematemos o libro o imos ler moitas mais veces. Estamos moi ilusionados pola tua visita e pola sorpresa.
Moitos bicos de toda a clase.

OLA, María!
Nos levamos unha gran sorpresa coa tua menxase.
Os teus debuxos encantanos a todos nós porque son moi graciosos e teñen moitas cores. Nós estamos dibuxando os teus debuxos e saenos moi ben.
Moitos bicos

(Hoxe escribiron Andrea, Mario e Adriana)

María Lires dijo...

¡Non dubido que estaredes a facer auténticas maravillas, pequenos artistas!.
Se cadra algún día algun de vos chega a facer diso a súa profesión e poida que chegue a ser tan felíz coma son eu cando traballo.
Un bicazo enorme.
María Lires, a vosa admiradora.

Susana Lamela dijo...

Ola Andrea, Mario, Adriana.
Ola a toda a clase e á mestra.

Dáme pena que rematedes o libro porque o estou a pasar moi ben con vós, pero claro, hai que chegar ao final para descubrir se Ani consegue viaxar á casa dos nenos e nenas de Lemoito.

Eu tamén penso que de seguro sodes uns verdadeiros artistas, xa me tarda poder ver os debuxos que estades a realizar.


Un bico enorme para toda a clase.

Clase de segundo dijo...

Hoxe rematamos de ler o libro, nos gustou cando a nena Mar o levou para casa. O libro estuvo moi chulo e a toda a clase lles gustou o rato da biblioteca. E a primeira vez que lemos un libro xuntos. Susana, Lemoito e un nome moi curioso e Lepouco tamen, son dous nomes moi divertidos.
Esperamos que sigas facendo libros coa tua compañeira María. Susana estamos deseando que nos veñas a visitar pronto.

Escribiron Sandra, Anxo, Rubén, Lucía S., María e Mario

Clase de segundo dijo...

Hola Susana:
Pareceunos precioso o libro, estamos contentos
de que Mar o levara para casa y que Ani fora feliz.
Moitos bicos

Escribiron Alba e Cristian

Raúl e Kevin (clase de segundo) dijo...

Pareceunos moi mal que os libros se riran de Ani porque era gordo pero ao final Ani conseguiu o seu soño.
O noso soño é ser xogadores de futbol cando sexamos maiores (Kevin e Raúl)

clase de 2º dijo...

Susana nós tamén temos un soño:
o meu soño e ir a Paris, ser buzo e ser pintor (Mario).
O meu soño e ser entrenadora de animais mariños (María)
o meu soño e ser cantante (Lucia F.)
Os meus soños son 1 ser entrenador de animais carnivoros e o outro e ser escritor para escribir libros tan bonitos como el de "Soños de andel". (Rubén)

clase de segundo dijo...

Hola Maria, nos encantaron las ilustraciones que hicistes en el libro de "Soños de Andel". Nos da moita pena que acabemos o libro.
Hoxe a nosa profe nos insinou un libro teu que se titula Bechos Pequerrechos que esta na nosa biblioteca.
Descubrimos o chapeu de Ani dentro do teu libro na rima do vermiño Bertomeu.
Gustounos moito saber que o primeiro libro que escribiches xa o temos na biblioteca nosa.
Moitos bicos.

Susana Lamela dijo...

Ola Clase de segundo.
Ola Sandra, Anxo, Rubén, Lucía S., María, Alba, Cristian, Kevin, Raúl e Rubén.
Ola á mestra.

Como puidestes comprobar, ao final, Ani loitou por conseguir os seus propios soños. Os seus desexos cumpríronse e puido visitar a casa de Mar a pesar de que os demais libros pensaban que nunca o conseguiría.

Non lle importou o que pensasen os demais.

Vós tamén tedes soños. Ás veces non se cumpren tan rápido como nós desexamos, pero se nos esforzamos, ao final rematan por cumprirse.

¿A que é moi bonito o libro de Bechos pequerros de María? A min encantoume.

Dende aquí animamos a María a que faga máis libros nos que ela tamén sexa a autora do texto.

Estou moi feliz porque vos gustou moito o meu libro. Conseguistes que cumpra outro dos meus soños: que os nenos e nenas o pasen ben coas cousas que eu escribo.

Xa nos vemos no mes de abril!!!!

Un bico enorme para toda a clase e para a mestra.