25/4/10

Encontro CEIP Mestres Goldar

O xoves 22 tiven un encontro no CEIP Mestres Goldar co alumando de 2º, cos que mantivera o meu primeiro encontro dixital.

Estabamos todos moi ilusionados por poder coñecernos en persoa.  

Foron moitas as experiencias que vivimos dende aquel primeiro contacto da mestra o día 4 de febreiro, ata que eles remataron de ler o libro e se fixo o último comentario, o 12 de marzo.

Dende aquí quero darlle as grazas a Julia e a todo as súas alumnas e os seus alumnos por deixarme participar da súa hora de lectura.

Seguide así.





Se queredes ver máis información sobre este encontro, podedes visitar a páxina  O recanto de Mik: http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=83629

1 comentario:

Mik dijo...

Moitas grazas a ti, Susana, pola a túa amabilidade e paciencia para contestar todos os comentarios dos nenos e nenas. Para eles foi unha experiencia fantástica e resultou moi motivadora e enganchounos totalmente á lectura de Soños de andel.
Os comentarios que fixeron na aula sobre o encontro "en persoa" foron moi positivos e quedaron encantados co seu libro firmado.
Moitísimas grazas de novo.
Un bico,
Julia