15/5/10

ANI NO CEIP DE MACEDA

Veño engaiolada co alumnado do CEIP de Maceda e co seu profesorado.

Ía disposta a sorprendelos coa miña presentación, pero pola contra, a sorprendida fun eu. Tiñánme preparadas moitas sorpresas.

Foi unha mañá moi intensa e emocionante na que puiden conversar cos nenos e nenas, respostar ás súas preguntas e descubrir os traballos que eles fixeran para min.

Pola tarde a sesión cos de Infantil non foi menos proveitosa. Coñecían moi ben a Ani e os seus soños. Souberon respostar perfecatamente a cada unha das preguntas que lles fixen e seguiron con moita atención todo o que eu lles contaba.

Quero darlles as grazas a todos os nenos e nenas, ao profesorado, ás nais que tamén colaboraron e como non, a algún marido que tamén tivo que demostar a súa maña.

Agardo que poidamos volver estar xuntos noutro momento.


Aquí vos deixo algún exemplo do que fixeron:





9 comentarios:

Maria dijo...

Meu Deus!!! Son fermosísimos os debuxos!!!
Ani en papel maché!!!
Teño agora mesmo un sorriso de parva que dubido que se me borre en todo o día...
E fantástico ver o que fixeron baseándose nos meus debuxos, o pirata, o piloto, as cariñas con papel de xornal!!!

Susana Lamela dijo...

Prepárate María.
Vas ter moita competencia con estes nenos e nenas!!!!!
Captaron moi ben a esencia dos teus debuxos e fixeron uns traballos extraordinarios.
Biquiños

Lu dijo...

Qué pasada! Eu tamén estaría moi orgullosa! Felicidades as dúas! Formades un equipo envidiable! Biquiños! ;-)

Nenos e nenas de 3º de Primaria, Ceip de Maceda. dijo...

Grazas Susana por vir a visitarnos ao noso cole.
Foi unha xornada que será imposible de esquecer!
Bicos.

alumnos de quinto dijo...

Os alumnos de quinto estamos encantados de que che gustaran os nosos traballos.Disfrutamos moitisimo facendoos,e moito máis ca túa visita. Non esqueceremos ese día.

Susana Lamela dijo...

Moitas grazas Lu. A verdade é que é moi doado e gratificante traballar con María. Biquiños!!!!

Alumnado de 3º e 5º, eu tamén o pasei moi ben con vós, foi un día que non esquecerei.

Biquiños para tod@s!!!!

RAIOTECA dijo...

Xa vemos que Ani se está facendo archifamosa. Alegrámonos moito. Aproveitamos para desexarvos un bo verán cheo de refrescantes lecturas.
Moitos bicosssss... de todo o claustro de mestres do ceip de Andrade.

Susana Lamela dijo...

Moitísimas grazas!!!!
A verdade é que non paramos en todo o curso!!!!
Agardo que teñades unhas moi boas vacacións.
Unha aperta moi agarimosa.
Ani e mais Susana

Lamunix dijo...

Hola, me gustaria ofreceros incluir en vuestro blog el premio Pequenet 2.0 que hemos creado con la intención de felicitar a los profesores que integran las TIC en su currículo. Podrás hacerlo copiando el código HTML que aparece en la direccion: http://www.pequenet.com/profes28062010.htm
Se trata de una caja llena de trabalenguas que se van renovando, esperamos que os guste.
Un saludo, felicidades por el blog.
Ana Municio,
asesora pedagógice de Pequenet.com