27/11/09

Encontro no Colexio La Inmaculada de Ponteareas

Hoxe volveu ser unha xornada moi especial.

O encontro no Colexio La Inmaculada de Ponteareas deixoume momentos de moita emoción e felicidade.

Quero agradecerlle a Carmela e a Mila que me convidasen a compartir ese mar de ilusións que se podían ver nos ollos dos nenos e nenas que alí estaban.

Un momento moi especial foi o que vivín con Anita, deséxoche que consigas todos os teus soños, porque vexo que xa es unha gran loitadora.

E non me quero esquecer de Julia, un bico moi grande tamén para ela.

Moitas grazas.




2 comentarios:

Lu dijo...

Parabéns polo éxito que estás tendo, Su!!! Merécelo de verdad! Biquiños!

Susana Lamela dijo...

Moitas grazas Lu!!!! A verdade é que o paso moi ben cos encontros cos nenos e nenas.

Non hai nada que pague ver esas cariñas alucinando co que lles estás a contar.