2/11/09

Ler para sentirse ben




Cando escollemos os libros que lemos, cada quen ten as súas razóns, pero entre unha delas está a de ler para sentirse ben.

Un dos libros que cumplen esta función é o de Yo, de Philip Waecheter.

Yo, foi un agasallo que me fixeron as miñas amigas Montse e Ana. Dende que mo deron léollo a todos os nenos e nenas e non tan nenos e nenas que se cruzan no meu camiño.

A nivel de aula, serve para traballar a autoestima. Funciona moi ben.

4 comentarios:

MIK dijo...

Probareino. Grazas por descubrirmo.
Un bico
Julia

Andrade39A dijo...

Tomamos nota.
Un agarimoso saúdo dende o cole de Andrade.
Encarna.

Susana Lamela dijo...

Leveino este sábado ao encontro que tiven na biblioteca de Gondomar e os nenos e nenas estaban coa boca aberta mentres llo lía. Gustoulles moito.
Bicos

Mon dijo...

Lémbrome do día en que cho regalamos...Fai anos, no teu aniversario.
Qué importante é compartir momentos, libros, experiencias , emocións para sentirnos ben, e facer sentir ben aos demáis!!!
Grazas por ser ti quen hoxe me recorde que debo "retomalo" e compartilo cos meus alumn@s de Fornelos;-)
Biquiños