27/1/10

Día en memoria das vítimas do holocausto

Hoxe celébrase o 65 aniversario da liberación de Auschwitz.

Nas escolas estamos preparando a semana da Paz, pero non podemos pasar por alto este día no que rendimos memoria ás vítimas do holocausto.




Non nos podemos esquecer deles.

2 comentarios:

Mestres Goldar dijo...

Ola Susana.
Ainda non empezamos a ler o libro "Soños de andel" pero nos encanta descifrar o libro pola cuberta, lomo e a contracuberta. Tamen investigamos cantos anos tes e a profe Xulia nos fixo unha conta de restar e tes 35 anos e nos gosta moito a cuberta porque ten uns dibuxos moi bonitos. Ao mellor nos encontramos.
Adeus Susana, unha aperta.
Nenos e nenas de 2º de primaria do ceip Mestres
Goldar.

(Rubén foi o encargado de escribirche este comentario en nome de todos e todas. Iranse turnando para contarche cousas. A profe)

Susana Lamela dijo...

Ola aos alumnos e alumnas do Mestres Goldar.
Alégrome moito de que vaiades ler o meu libro "Soños de andel".

Como estades coa cuberta, entón vouvos facer unha preguntiña: Vendo o debuxo de Ani, ¿cal pensades que é o seu gran soño?

A ver se acertades antes de ler o libro.

Rubén, alégrome moito de que vos gustasen os debuxos. Xa vichédes na portada que a ilustradora é María Lires. Ela é unha rapaza que vive na Coruña e dedícase a ilustrar libros, unha profesión moi fermosa, ¿verdade?

E agora un pequeniño segredo, cumplo os 35 anos dentro dun mes!!!

Deica o vindeiro comentario.
Bicos