14/1/10

Orellas de bolboreta

Orellas de bolboreta é un fermosísimo libro que podemos aproveitar para traballar nas aulas os complexos que adoitan ter os nosos alumnos e alumnas.

Nel, atopámonos con situacións nas que se considera como algo positivo o que normalmente os demais considerarían como negativo.

Escrito por Luisa Aguilar, está publicado na editorial Kalandraka.

6 comentarios:

Lu dijo...

Está na biblio do cole? Que boa pinta! :-)

Susana Lamela dijo...

Pois a verdade non o sei. Eu coñecino porque llo regalei á miña sobriña.

É precioso!!!

Mik dijo...

Ola, Susana!
Estou de acordo contigo, é un álbum precioso.
Os meus alumnos e alumnas pronto empezarán a ler "Soños de andel". Gustaríame saber se poden poñerse en contacto contigo, vía blog ou vía mail, para contarche as súas impresións se lles apetece. Paréceme que podería enriquecer a súa experiencia lectora (pero non te preocupes no caso de que non o consideres oportuno).
Biquiños,
Julia

Susana Lamela dijo...

Julia, coido que é unha idea estupenda!!!!
Poden poñerse en contacto dos dous xeitos, aínda que pode resultarlles máis visual o blog.
O que ti decidas está ben.
Se decidises que fose o blog, avísame porque abro unha entrada específica para vós.
¡Que ilusión me fai!!!
Moitísimas grazas.
Bicos

Mik dijo...

Moitas grazas, Susana! Usaremos o blog. En canto empecemos coa lectura, avísote.
Bicos,
Julia

Susana Lamela dijo...

Moitas grazas a ti Julia.
Quedamos así enton.
Bicos