7/10/09

Encontro no CEIP de Andrade, Pontedeume

Ani xa atopou un lugar no que vivir, un lugar no que os nenos e nenas o van coller para levar ás súas casas. Ese máxico lugar é a biblioteca do CEIP de Andrade, que a partir de agora se chama "Soños de andel".

E para celebrar a inaguración o profesorado e o alumnado prepararon unha gran festa.

Primeiro a ilustradora María Lires e mais eu, destapamos a placa que lle dá nome á biblioteca.

A continuación os Titiriteiros de Andrade tíñannos preparada unha sorpresa: unha representación de Soños de andel.

Despois puidemos ver como dun libro xigante saían os personaxes de contos que todos desexamos ser.

Para rematar o acto, María e mais eu falamos do proceso de escribir e ilustrar o libro.

Foi un día moi especial.

1 comentario:

María Lires dijo...

Foi un día inesquecible.
Que xente tan acolledora e que pracer a súa compaña...
Mágoa que non puidésemos quedar a vivir naquela maravillosa biblioteca rodeados de bolboretas, trasnos e animais, onde un rei xeneroso e unha raíña fermosa vixían para que os libros sexan coidados e queridos por todos.