25/10/09

Xornadas Bibliotecas Escolares de Galicia

Esta fin de semana foron as xornadas das Bibliotecas Escolares de Galicia co lema Novas lecturas, novos lectores.


Algunhas das ideas que anotei no meu caderno foron as seguintes.

1. Os nacidos antes de 1993 somos inmigrantes  na competencia dixital.
2. Os plans de lectura dos centros deberían ser tamén de escritura.
3. Os mozos e mozas de hoxe en día len moito pero nesa diversidade de cousas que len non todo é literatura.
4. Os alumnos e alumnas son cazadores furtivos de palabras.
5. Hai que ter unha boa biblioteca de aula. Se non hai libros suficientes, hai que pedirllos á biblioteca mediante a mochila viaxeira.
6. A biblioteca escolar non é unha biblioteca pública dentro da escola ou encaixada nela.
7. As aulas non funcionan como trailers que inciten ao alumnado a interaccionar coas bibliotecas.
8. Hai que crear pontes entre as aulas e todas as iniciativas que se levan a cabo nas bibliotecas escolares.
9. se temos ques apostar por unha educación intercultural temos que facelo tamén dende o currículo, tendo en conta a selección de textos que levamos á nosa aula.

Aquí estamos algunhas das compis do cole que asistimos ás xornadas.





E aquí estamos as do CEIP Fermín Bouza Brey, as do CPI Mondariz
e nós, as do CEIP Nosa Señora dos Remedios!!!




Faltan María e Elena. Eramos un bo grupiño.

5 comentarios:

Julia dijo...

Oliñas, Susana!!
Moitas grazas pola túa visita e o teu comentario. Encarna e Bea son estupendas, e moi boas amigas polo que vexo.
Encantoume coñecerte e, agora que tamén coñezo o teu blog, seguiremos en contacto.
Biquiños

PD:_ Parabéns pola entrada: unha moi atinada síntese das Xornadas

Encarna dijo...

Unha recopilación de ideas moi interesante.
Grazas por compartilas.
Un agarimoso saúdo.

Julia dijo...

Ola, Susana!!
Hoxe non parei ata dar co teu libro. Pareceume precioso, encantador. Xa tiña referencias e dende logo quédanse curtas. Gustoume moito tamén a ilustración. Os meus parabéns ás dúas.
Biquiños.

Susana Lamela dijo...

Moitas grazas Julia.
A verdade é que estou moi orgullosa del, porque para ser o meu primeiro libro publicado estame a dar moitas alegrías.
Alégrame un montón de que che gustase.
Biquiños

Lu dijo...

Hola Su!
Moi interesantes os puntos que recopilaches das xornadas.Gracias por compartilos.
Por certo, o teu blog está quedando moi chulo. Encántame o diseño.
Bicos, bichiño malo!