15/10/09

María Lires autora, María Lires ilustradora


María Lires, a ilustradora de Soños de andel, vén de publicar na Editorial Galaxia o seu primeiro libro como autora e ilustradora.

As ilustracións reflicten eses bechos pequerrechos que nos rodean acotío e que neste libro, a través do texto, tomán vida pasando a ter problemas, complexos, alegrías... coma calquera de nós.

Parabéns por este novo traballo.

1 comentario:

María Lires dijo...

Ai, grazas, Ruliña!!

Seica lle escoitei a un vermiño fachendoso que non pasará moito tempo antes de que nos volvamos poñer os nosos chapeus de contacontos e pintora...

Noraboa por este maravilloso blog!!
Un bico.